Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Mugardos (expediente IN407A 2014/096-1).

Expediente: IN407A 2014/096-1-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMTS, CTC e RBT Boado II e anexo 1.

Concello: Mugardos.

Feitos:

1. O 10 de xullo de 2014 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 28.8.2014, no BOP do 14.8.2014, no xornal La Voz de Galicia do 19.9.2014, no taboleiro de anuncios do concello de Mugardos, segundo dilixencia do secretario municipal do 3 de setembro de 2014, así como con notificacións individuais aos titulares que constan na relación de bens e dereitos afectados. No certificado de exposición pública no Concello de Mugardos non se indica que se presentasen alegacións.

3. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos:

– Concello de Mugardos: presentou condicionado en que indica que debe modificarse a localización do CT proxectado. Unión Fenosa Distribución, S.A. para dar cumprimento ao condicionado presenta o anexo 1 ao proxecto de execución, que recibiu informe favorable do Concello de Mugardos.

– CMATI (Axencia Galega de Infraestruturas): emitiu informe favorable.

– Augas de Galicia: informou favorablemente.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. O Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 24 de xullo).

7. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

8. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

9. Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

10. Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

11. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Boado II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,708 km, con orixe en cela de liña proxectada que se instalará no CT O Seixo (expte. 207/2012), condutor tipo RHZ1 2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final no CT Boado II (proxectado).

– Tramo liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Bello Piñeiro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe en cela de liña proxectada que se instalará no CT O Seixo (expte. 207/2012), condutor tipo RHZ1 2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS, VDC-706, no tramo entre o CT O Seixo (expte. 207/2012) e o CT Bello Piñeiro (expte. 433/2007).

– Centro de transformación prefabricado Boado II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Reforma centro de transformación non prefabricado O Seixo (expte. 207/2012).

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 150.166,15 €.

12. Durante o período de información pública foi presentada unha alegación por Manuel Espada Rodríguez en que indica que el unicamente traballou a leira no pasado e xa non a traballa e que non é o titular da leira. Unha vez trasladada ao promotor, este manifestou que, realizadas novas xestións sobre os propietarios do predio 1 (herdeiros de Isabel Prat Alvariño), non foi posible obter ningún enderezo onde remitir as notificacións e que houbo un erro na superficie para expropiar, presentando nova valoración.

13. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública á instalación eléctrica denominada LMTS CTC RBT Boado II e anexo 1.

2. A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e do ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 10 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña