Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2015 (3 lotes).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21691

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: organización dos actos que vai desenvolver a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2015 (3 lotes).

Lote 1: Boloña.

Lote 2: Bos Aires.

Lote 3: Frankfurt.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 86.776,86 €.

IVE (21 %): 18.223,14 €.

Importe total: 105.000 €, IVE incluído.

Lote 1: 25.000 €, IVE incluído (s/IVE 20.661,16 € + IVE (21 %) 4.338,84 €).

Lote 2: 50.000 € IVE incluído (s/IVE 41.322,31 € + IVE (21 %) 8.677,69 €).

Lote 3: 30.000 €, IVE incluído (s/IVE 24.793,39 € + IVE (21 %) 5.206,61 €).

5. Formalización do contrato.

Lote 1: Boloña.

a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de marzo de 2015.

c) Contratista: Dunas Vivas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 17.900 euros, IVE excluído.

Lote 2: Bos Aires.

a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 11 de marzo de 2015.

c) Contratista: Halcón Viajes, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 39.600 euros, exento de IVE.

Lote 3: Frankfurt.

a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de marzo de 2015.

c) Contratista: Dunas Vivas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 20.850 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria