Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribas de Sil (expediente IN407A 2014/52-2, 8188 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Avimoa, S.C.

Domicilio social: Outeiro, 6, San Clodio, Ribas de Sil.

Denominación: LMT, CT e RBT para subministración a granxa.

Situación: concello de Ribas de Sil.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 50 correspondente á LMTA SEQ-807 e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nº 1, cunha lonxitude de 44 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado nº 1 e final no paso aéreo a soterrado proxectado nº 2, cunha lonxitude de 760 metros en condutor RHZ1-150 mm.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado nº 2 e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 49 metros en condutor tipo LA-56.

4. Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

5. Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no CTI e final na caixa de protección e medida, cunha lonxitude de 6 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 2 de marzo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo