Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (684/2014).

Xuízo de faltas 684/2014

Delito/falta: falta de ameazas

Denunciante/querelante: Gustavo Varela Castro

Contra: Alberto Filipe Teixeira Pires e Alejandro López Lareu

Cédula de notificación.

Na causa de referencia, ditouse sentenza o 27 de xaneiro de 2015, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que debo condenar e condeno a Alberto Filipe Teixeira Pires como autor dunha falta de ameazas á pena de multa de dez (10) días de duración a razón de 3 euros de cota diaria e custas, se as houber.

Que debo absolver e absolvo a Alejandro López Lareu da falta que se lle imputaba no presente procedemento.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación en ambos os efectos, debendo presentarse neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por escrito, no prazo de cinco (5) días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Alberto Filipe Teixeira Pires, que se encontra en domicilio e paradoiro descoñecidos, expido e asino este edicto.

Lalín, 12 de marzo de 2015

A secretaria xudicial