Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1054/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1054/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Casas Amado contra Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L., Mutua Gallega, o Fogasa e o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 12 de marzo de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 13.6.2014 tivo entrada no Xulgado do Social número 2 demanda de despedimento presentada por Cristina Casas Amado fronte a Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L., Mutua Gallega, o Fogasa e o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 12.3.2015 ás 10.30 horas.

Terceiro. Con data do día de hoxe, expídese acta de desistencia comparecendo a parte demandante Cristina Casas Amado, asistida da letrada Cristina Gómez Lozano e pola parte demandada a Mutua Gallega, na persoa de Alicia Llan Lodos.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistida a Cristina Casas Amado da súa demanda fronte a Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L., Mutua Gallega, o Fogasa e o Instituto Nacional da Seguridade Social.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes,

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei da xurisdición social. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta no Banco Santander e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 2015

A secretaria xudicial