Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12961

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 537/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 537/2013

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 651/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Algupesca, S.L., Mercedes Pino Bouzas

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Ignacio Alen Hermida

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 537/2013, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Algupesca, S.L. e Mercedes Pino Bouzas, sobre xubilación, se ditou en data 6.3.2015 sentenza que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos: desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza de data 22 de outubro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, no procedemento 651/2012, seguido por instancia de Mercedes Pino Bouzas, sobre pensión de xubilación, e confirmamos a expresada resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Algupesca, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2015

A secretaria xudicial