Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (546/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 546/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Raio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Vídeo Galicia, S.A., sobre ordinario, ditouse sentenza nº 66 cuxos encabezamento e resolución son do tenor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, seguidos en materia de cantidade, promovidos por instancia de Carlos Jiménez Díaz, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Feixoo, fronte a Televisión de Galicia, S.A. (TVG), Compañía de Raio Televisión de Galicia (CRTVG), debidamente representadas pola letrada Sra. Seoane Pesqueira; CTV, S.A., representada polo letrado Sr. Comendador Rey; Editorial Compostela, S.A., representada pola letrada Sra. Blanco Outón; Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Resolución.

Estímase integramente a demanda formulada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Raio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 2.575,29 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xuño a agosto de 2011, ambos os dous incluídos, cantidade que deberá incrementarse co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET por demora no pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela pode interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Voces Meigas, S.A. e Doblesón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial