Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1168/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1168/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Jomigal Construcciones, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza nº 68, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 1168/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, asistida e representada polo letrado Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro, contra Jomigal Construcciones, S.L., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Jormigal Construcciones, S.L. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción 426,37 euros. Condeno a parte demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante que se fixan no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jomigal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial