Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (11/2015).

Execución de títulos xudiciais 11/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 520/2014

Demandante: Francisco Leonardo Rolle Piñeiro

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro contra Pesca Natural en Altamar, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 11/2015.

Persoa que se cita: Pesca Natural en Altamar, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición á comparecencia, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 9.4.2015 ás 9.00 horas para a celebración da comparecencia na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

3º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos: comunicación fidedigna dirixida ao traballador indicándolle a data de incorporación ao traballo, xustificando o aboamento dos salarios de tramitación e alta na Seguridade Social.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 LXS).

4º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndoo saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

5º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (artigo 183 LAC).

6º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial

Pesca Natural en Altamar, S.L.

Domicilio: avenida García Barbón, nº 7, 1, Vigo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesca Natural en Altamar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial