Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2015).

Execución de títulos xudiciais 11/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 520/2014

Sobre despedimento

Demandante: Francisco Leonardo Rolle Piñeiro

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro contra Pesca Natural en Altamar, S.L., sobre despedimento, se ditou auto, con data do 25 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto:

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Francisco Leonardo Rolle Piñeiro fronte a Pesca Natural en Altamar, S.L., parte executada.

En relación coa proba solicitada polo letrado da parte demandante cítese o representante legal da demandada e requírase a parte demandada para que presente comunicación fidedigna dirixida ao traballador indicándolle a data de incorporación ao traballo, xustificando aboamento de salarios de tramitación e alta na Seguridade Social, sen prexuízo da súa admisión no momento procesual oportuno.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión das infraccións cometidas na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesca Natural en Altamar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial