Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (339/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 339/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Reboiras Ordóñez contra Servanza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María del Carmen Reboiras Ordóñez con Servanza, S.L. e condeno a Servanza, S.L. a aboarlle a María del Carmen Reboiras Ordóñez a suma de 6.364,74 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial.

Dilixencia. A seguir cúmprese o ordenado. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

A secretaria xudicial