Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 245/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 245/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, Fondo de Garantía Salarial, Katia Jocelyne Audouy, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva:

Estimo integramente o recurso de reposición interposto por Adriana Pérez Alborés contra o auto de despacho de execución ditado nos presentes autos no 27 de outubro de 2014, revogando este, e, en consecuencia acórdase despachar a orde xeral de execución de título xudicial a favor de Adriana Pérez Alborés contra AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, e Katia Joceline Audouy, e o Fogasa, como partes executadas, polo importe de 27.051,62 euros de principal (3.829,10 euros de indemnización e 23.222,52 euros de salarios de tramitación), máis 2.705,16 euros que se calculan provisoriamente para xuros e custas que, se for o caso, poidan producirse durante a execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Firme a presente resolución, proceda a secretaria xudicial a adoptar as medidas executivas que correspondan co acordado a través do correspondente decreto de medidas executivas.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada. A secretaria xudicial.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial