Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11988

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (59/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 59/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Cánovas Montes, Elisa Carballa Pereira, Rubén Chaves Lorenzo, Rocío Pazos Barcala e Alejandro Castro Otero contra Melody Márquez González e Juan Daniel Rodríguez Davila, sobre ordinario 242/2014, se ditaron as resolucións cuxa parte dispositiva establece:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza 378/2014 ditada o 31.10.2014 no procedemento ordinario (cantidade) seguido perante este xulgado co número de autos 242/2014 a favor das partes executantes Cristina Cánovas Montes, Elisa Carballa Pereira, Rubén Chaves Lorenzo, Rocío Pazos Barcala e Alejandro Castro Otero, fronte a Melody Márquez González e Juan Daniel Rodríguez Davila, partes executadas, en forma solidaria, por importe de 2.310 euros de principal, das cales corresponden 600 euros de principal e 60 euros de xuro de mora procesual ao 10 % a Cristina Cánovas Montes, 300 euros de principal e 30 de xuro de mora procesual ao 10 % a Elisa Carballa Pereira, 600 euros de principal e 60 euros de xuro de mora procesual ao 10 % a Rocío Pazos Barcala, 300 euros de principal e 30 euros de xuro de mora procesual ao 10 % a Alejandro Castro Otero e 300 euros de principal e 30 euros de xuro de mora procesual ao 10 % a Rubén Chaves Lorenzo e de 231 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Melody Márquez González e Juan Daniel Rodríguez Davila co fin de que, no prazo de 10 días, manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a pescuda de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Melody Márquez González e Juan Daniel Rodríguez Davila, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de marzo de 2015

A secretaria xudicial