Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (227/2014).

Execución de títulos xudiciais 227/2014

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 96/2014

Sobre ordinario

Demandante: Álvaro González García

Demandado: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L.

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 227/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro González García contra Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva dispón:

Acordo:

a) Declarar a executada Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L., en situación de insolvencia por importe de 1.116,50 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial