Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11986

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (301/2013).

Belén Pereira Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 301/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Herrero y Cía. Alimentación, Herrero y Cía., Luis Núñez Maestú, Tesouraría Xeral da Seguridade Social Asesoría Xurídica, sobre seguridade social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é:

«Estimando parcialmente a demanda interposta por Luisa Carballo Pérez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía., Alimentación e Luis Núñez Maestú declaro o dereito da demandante a percibir a pensión de xubilación S.O.V.I. e condeno os demandados a estaren e pasaren por esta declaración e ao aboamento da prestación mencionada na contía e efectos previstos regulamentariamente.

Absolvo Luis Núñez Maestú da pretensión promovida contra el.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herrero y Cía. Alimentación, Herrero y Cía., Luis Núñez Maestú, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de decembro de 2014

A secretaria xudicial