Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Yolanda Fontán Costa contra a empresa Adega Castrocelta, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza de data do 5 de decembro de 2014 a favor da parte executante, Yolanda Fontán Costa, fronte a Adega Castrocelta, S.L., parte executada, por importe de 10.129,48 euros en concepto de principal, máis outros 1.000 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto con decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Adega Castrocelta, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Yolanda Fontán Costa e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince (15) días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adega Castrocelta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de marzo de 2015

A secretaria xudicial