Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (880/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 880/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Francisco Rúa Romay contra a empresa Instalnor 21, S.L., ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Francisco Rúa Romay contra Instalnor 21, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 7.015,31 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa deberase observar, se é o caso, o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalnor 21, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan forma de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

A secretaria xudicial