Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (528/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 528/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Constantino Conde Cambeiro contra a empresa Miranda de la Fuente, S.L., administración concursal de Miranda de la Fuente, S.L., o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 6 de febreiro de 2015

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 528/2014, en que foron parte, dun lado como demandante, Constantino Conde Cambeiro, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, e como demandada, Miranda de la Fuente, S.L., que non comparece, con intervención procesual da administración concursal de Miranda de la Fuente, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, sobre despedimento e salarios, pronunciou no nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo que estimando a demanda interposta por Constantino Conde Cambeiro contra a empresa Miranda de la Fuente, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 15.720,97 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 48,15 €/día. En concepto de liquidación deberá aboar ao demandante 1.125,47 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso entregar resguardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Miranda de la Fuente, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2015

A secretaria xudicial