Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (17/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 17/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Liste Ríos contra Inicia Formación y Consultoría, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administración concursal Pedro Moreno Vázquez sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

Dispoño: ter por desistido a Juan Carlos Liste Ríos da súa demanda fronte a Inicia Formación y Consultoría, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administración concursal Pedro Moreno Vázquez, en materia de reclamación de cantidade.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inicia Formación y Consultoría, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia .

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 4 de marzo de 2015

A secretaria xudicial