Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11883

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (268/2013).

Familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuada 268/2013

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Elena Irida Toader

Procuradora: Ana Belén García Quintáns

Avogada: María Blanco Mariño

Demandado: Ciprian Mirita, Ministerio Fiscal

Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, polo presente fago saber que Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza o 26 de febreiro de 2011 nos autos de xuízo número 268/2013 promovido por Elena Irida Toader, representado pola procuradora dos tribunais Ana Belén García Quintáns e asistido pola letrada María Blanco Mariño, contra Ciprian Mirita, en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 1575-0000-33-0268/13. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito, ademais do Ministerio Fiscal, os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente notifícase a Ciprian Mirita, en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial