Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11880

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (869/2013).

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Beatriz Elena Gamboa Franco

Procuradora: Gisela Álvarez Vázquez

Avogada: María Isabel Pena Rubio

Demandado: Leonardo Fabio Agudelo Espitia

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por este edicto anuncio:

Neste procedemento de garda, custodia e alimentos seguido por instancia de Beatriz Elena Gamboa Franco contra Leonardo Fabio Agudelo Espitia ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 136.

En Vigo, 3 de marzo de 2015.

Teresa A. Fernández Muíños, xuíza de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e ou o procedemento sobre relacións more uxorio 869/2013, seguidos por instancia de Beatriz Elena Gamboa Franco, representada procesualmente pola procuradora Sra. Álvarez Vázquez e asistida da letrada Sra. Pena Rubio, contra Leonardo Fabio Agudelo Espitia, en situación procesual de rebeldía, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia dun fillo menor habido en común.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que estimando integramente a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Álvarez Vázquez, en nome e representación de Beatriz Elena Gamboa Franco, contra Leonardo Fabio Agudelo Espitia, procede:

1. Atribuírlle á demandante, Beatriz Elena Gamboa Franco, o exercicio exclusivo da patria potestade sobre o fillo menor, Thannus Nicolás.

En consecuencia, a demandante poderá exercer actos de exercicio extraordinario da patria potestade tales como viaxar ao seu país de orixe, Colombia, sen necesidade de solicitar a autorización paterna para entrar e saír do seu territorio.

2. Atribuírlle, así mesmo, á demandante a garda e custodia do referido fillo común.

3. Non establecer ningún réxime de visitas, comunicación e estadía en favor do demandado.

4. Fixar por conta do demandado unha pensión de alimentos a favor do seu fillo menor por importe de 200 euros mensuais, que deberá ingresar por meses anticipados e durante os cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante para ese efecto.

Esta cantidade será revisada anualmente en proporción ás variacións do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou calquera outro organismo público que no futuro poida cumprir análoga función.

5. Establecer por conta do demandado a obriga de sufragar a metade dos gastos extraordinarios.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención do dito fillo menor de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a elas, o custo de actividades extraescolares ou calquera outro similar, incluída a matrícula, de ser o caso e nun futuro, en universidades privadas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza ao antes enunciado.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios substanciarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, aínda que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Ademais, a falta de oposición expresa á comunicación de calquera outro gasto extraordinario nun prazo de dez días por calquera medio fidedigno (whatsapp, sms, correo electrónico, fax, etcétera) equivalerá ao seu consentimento tácito e eximirá a parte que efectuou tales gastos do incidente previo do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil.

Non procede efectuar un especial pronunciamento sobre as custas deste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para que resolva a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigos 458 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignar o depósito previsto na disposición adicional quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ao se atopar o dito demandado, Leonardo Fabio Agudelo Espitia, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 4 de marzo de 2015

A secretaria xudicial