Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11878

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (884/2010).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 884/2010, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios da rúa das Cartas número 6 do Milladoiro contra Manuel Rumbo Noya, Enrique Eijo Blanco, Francisco García Blanco, Milladoiro e Obras, S.L., Puentes y Calzadas Empresa Constructora, S.A., Manuel Cid Rodríguez e Javier Rivadulla Montaña, ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 139/2014

En Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2014

Resolución

Desestimo integramente a demanda presentada pola Comunidade de Propietarios da rúa das Cartas número 6 do Milladoiro (Ames) contra Puentes y Calzadas Empresa Constructora, S.A., Manuel Cid Rodríguez, Javier Rivadulla Montaña, Enrique Eijo Blanco, Manuel Rumbo Noya e Francisco García Blanco, por prescrición das accións derivadas da LOE e, en consecuencia, absolvo os indicados demandados de todos os pedimentos formulados na súa contra, con imposición á parte demandada das custas respecto dos citados demandados.

Estimo parcialmente a demanda presentada pola Comunidade de Propietarios da rúa das Cartas número 6 do Milladoiro (Ames) contra Milladoiro e Obras, S.L. e en consecuencia, condeno a demandada Milladoiro e Obras, S.L. a realizar pola súa conta as obras de reparación descritas no fundamento de dereito cuarto da presente resolución no modo e forma estipulado neste, desestimando os restantes pedimentos da demanda, e todo iso sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

O/a secretario/a xudicial