Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11876

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4543/2014).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4543/2014 desta sección, seguido por instancia de Belén Mantiñán Boedo contra La Grela Mensajeros, S.L., LGM Sin Banderas, S.L., Exincar Trade, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola demandante Belén Mantiñán Boedo, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 5 desta capital, no sentido de condenar a entidade La Grela Mensajeros, S.L., ao aboamento dos salarios deixados de percibir pola traballadora demandante desde a data do seu despedimento (2 de agosto de 2013) e ata a data da sentenza de instancia (25 de febreiro de 2014), a razón do salario diario de 38,91 euros, e mantemos integramente os restantes pronunciamentos condenatorios e absolutorios que a resolución impugnada contén.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a LGM Sin Banderas, S.L. e Exincar Trade, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Menéndez Pelayo, 7-5º i, A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial