Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11874

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, de dúas prazas vacantes na categoría de facultativo especialista da Área de Cardioloxía no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Por Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés do 26 de febreiro de 2014, formalízase convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG núm. 62, do 31 de marzo, entre elas prazas de Cardioloxía.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da comisión de avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución da Xerencia do 22 de maio de 2014. O 7 de xullo publícase a Resolución da Xerencia do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. O 24 de outubro publícase a Resolución do 17 de outubro de 2014 cos acordos da comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para selección temporal de persoal facultativo especialista da Área de Cardioloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

O 5 de novembro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes ás prazas vacantes de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A comisión de avaliación remitiu á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. Con data do 25 de novembro foi publicada a Resolución do 12 de novembro de 2014 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de 10 días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Transcorrido o citado prazo, tras a resolución das reclamacións, a comisión de avaliación remitiu á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas.

Así, de acordo coa convocatoria citada, recibido o acordo da comisión o 24 de febreiro de 2015, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, de 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) o xerente de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal de dúas prazas vacantes de facultativo especialista da Área de Cardioloxía a favor de Rosa María Agra Bermejo e de Diego Fernández Redondo no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

No prazo máximo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, deberán presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non presentar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza queda vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada pola Resolución da Xerencia do 24 de febreiro de 2015.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte da súa publicación.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés