Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11601

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (124/2014).

Familia garda e custodia alimentos fillo menor no matrimonio 124/2014

Procedemento orixe: divorcio contencioso 124/2014

Demandante: Valentina Bignardelli

Procurador: Alberto Míguez Gómez

Avogada: Manuela Blanco Jiménez

Demandado: José María Yuste Agudo

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Valentina Bignardelli fronte a José María Yuste Agudo, en situación de rebeldía procesual, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido:

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal interposta polo procurador Sr. Míguez Gómez en nome e representación de Valentina Bignardelli, asistida da letrada Sra. Blanco Jiménez, fronte a José María Yuste Agudo, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1. Atribución á demandante da garda e custodia sobre o fillo menor de idade habido en común, sendo a patria potestade de titularidade compartida por ambos os proxenitores. A demandante poderá adoptar as decisións de maneira unilateral en materia educativa e sanitaria dada a nula comunicación do demandado coa demandante e co fillo común desde o verán de 2013.

Revogación de poderes que os conviventes se outorgasen entre si.

2. Ausencia de fixación de réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio, sen prexuízo de que este inste unha modificación de medidas definitivas acreditando a variación preceptiva e circunstancias, a súa dispoñibilidade e a ausencia de consumo actual de tóxicos.

3. Fixación en 150 €/mes da contía da pensión de alimentos a cargo do demandado en favor da filla menor habida en común, que deberá aboar nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante, actualizada anualmente conforme a variación anual do IPC.

4. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios do menor, logo da súa acreditación documental.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José María Yuste Agudo, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial