Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11600

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (17/2014).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que neste procedemento de xuízo verbal nº 17/2014, seguido por instancia de Repuestos Videsa, S.L. fronte a Atrio Vázquez, S.L. se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza.

Ourense, 30 de abril de 2014.

Darío Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou esta resolución no xuízo verbal civil 17/2014, en que é parte demandante Repuestos Videsa, S.L., representada polo procurador Sr. Fernández Vergara, e como demandada Atrio Vázquez, S.L. en situación procesual de rebeldía ao non comparecer a xuízo, cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos de dereito.

Resolución.

Que estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Fernández Vergara, en nome e representación de Repuestos Videsa, S.L., fronte a Atrio Vázquez, S.L., condénase a esta última a entregar a cousa obxecto da compravenda e, nese momento, a demandante aboará a cantidade que falta por pagar do prezo.

En canto ás custas, obsérvese o acordado igualmente no punto correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor os recursos legalmente previstos na LAC.

Así o acordo, mando e asino.

Ourense, 11 de xuño de 2014

A secretaria xudicial