Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11603

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (697/2014).

Marta de la Rubia Almuíña, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 697/2014, seguido por instancia de Daniel Pereira Iglesias fronte a Marco Antonio Patricio González e Iván González Fernández, ditouse sentenza e auto, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: maxistrada xuíza María Isabel Benito Sánchez

Lugar: Vigo

Data: trinta de xaneiro de dous mil quince

Demandante: Daniel Pereira Iglesias

Avogada: Ana Martínez Gómez

Procuradora: Paula Llordén Fernández-Cervera

Demandado: Marco Antonio Patricio González

Avogada: Eva González Fernández

Procuradora: Susana Boquete Rodríguez

Demandado: Iván González Fernández

Procedemento: xuízo verbal 697/2014

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Daniel Pereira Pereira, representado pola procuradora Sra. Llordén Fernández Cervera e asistido pola letrada Sra. Martínez Gómez, contra Marco Antonio Patricio González, representado pola procuradora Sra. Boquete Rodríguez e asistido pola letrada Sra. González Fernández, e contra Iván González Fernández, en rebeldía procesual.

Resolución.

... a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira contra Marco Antonio Patricio González, condeno..., sen especial pronunciamento en custas.

Se... a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira contra Iván González Fernández,...

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(segue sinatura)

Auto.

Xuíza/maxistrada xuíza: Cristina Delgado Moro.

En Vigo o vinte e seis de febreiro de dous mil quince.

Dada conta.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste procedemento ditouse sentenza o 30 de xaneiro de 2015.

Segundo. A referida resolución contén o seguinte erro: no seu encabezamento consta «Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Daniel Pereira Pereira, representado pola procuradora Sra. Llordén Fernández Cervera e asistido pola letrada Sra. Martínez Gómez, contra Marco Antonio Patricio González, representado pola procuradora Sra. Boquete Rodríguez e asistido pola letrada Sra. González Fernández, e contra Iván González Fernández, en rebeldía procesual». E na súa resolución «... a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira, contra Marco Antonio Patricio González, condeno este a indemnizar o primeiro coa suma de 2.289,19 euros cos xuros legais desde a interposición da demanda, sen especial pronunciamento en custas.

Desestímase integramente a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira, contra Iván González Fernández, con imposición das custas ao demandante».

É manifesto que se transcribiu incorrectamente o segundo apelido do demandante, Daniel Pereira Iglesias.

Parte dispositiva.

Acordo:

Rectifícase a sentenza ditada con data do 30 de xaneiro de 2015, nos seguintes termos:

Onde se di, no seu encabezamento: «Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Daniel Pereira Pereira, representado pola procuradora Sra. Llordén Fernández Cervera e asistido pola letrada Sra. Martínez Gómez, contra Marco Antonio Patricio González, representado pola procuradora Sra. Boquete Rodríguez e asistido pola letrada Sra. González Fernández, e contra Iván González Fernández, en rebeldía procesual». E na súa resolución: «... a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira contra Marco Antonio Patricio González, sen especial pronunciamento en custas. Se ... a demanda presentada por Daniel Pereira Pereira, contra Iván González Fernández», debe dicir, no seu encabezamento: «Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de primeira Instancia número 3 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Daniel Pereira Iglesias, representado pola procuradora Sra. Llordén Fernández Cervera e asistido pola letrada Sra. Martínez Gómez, contra Marco Antonio Patricio González, representado pola procuradora Sra. Boquete Rodríguez e asistido pola letrada Sra. González Fernández, e contra Iván González Fernández, en rebeldía procesual». E na súa resolución «..., a demanda presentada por Daniel Pereira Iglesias, contra Marco Antonio Patricio González, ..........…, sen especial pronunciamento en custas. ... a demanda presentada por Daniel Pereira Iglesias, contra Iván González Fernández ...».

(seguen sinaturas)

E encontrándose o devandito demandado, Iván González Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de marzo de 2015

A secretaria xudicial