Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11606

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (187/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que neste xulgado se tramitan autos de divorcio contencioso número 187/2013, en que se ditou a seguinte:

Sentenza número 705.

Vigo, 13 de novembro de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e do seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 187/2013 sobre disolución por matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Carolina del Río Fernández, representada pola procuradora dos tribunais Katia Fernández Meiriño e con asistencia letrada de Noemí Pérez Pinto, contra Eliu Gamaliel Coc Cu, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Respecto da demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Meiriño, en nome e representación de Carolina del Río Fernández, contra Eliu Gamaliel Cocu Cu, declarado en situación de rebeldía procesual, estímoa e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o dito demandado, Eliu Gamaliel Coc Cu, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 14 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial