Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (832/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 832/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Isabel Allo López contra Limpiezas El Polígono, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza número 46 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 832/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Isabel Allo López, asistida polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza

(…)

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Limpiezas El Polígono a aboar á demandate 942,21 euros de principal e 145,54 euros de xuros. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

A secretaria xudicial