Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1006/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1006/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Vázquez contra, sobre ordinario, se ditou decreto con data do 3 de marzo de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo:

– Considerar que Jesús Rodríguez Vázquez desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Escayolas Gasamáns, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

A secretaria xudicial