Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (294/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 294/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa José Méndez Pardo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra os demandados INSS, TXSS e José Méndez Pardo, debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa no aboamento dos gastos de asistencia sanitaria anticipados pola mutua demandante como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo traballador, e declaro a responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS en caso de insolvencia empresarial; en consecuencia, condeno a empresa demandada con carácter principal e o INSS e a TXSS co carácter subsidiario que se dixo, se é o caso, a reintegrar á mutua demandante 114 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Méndez Pardo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2015

A secretaria xudicial