Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11609

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (420/2014).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal 420/2014, seguido por instancia de Gas Natural-Unión Fenosa fronte a Matilde Lago González se ditou sentenza con data do 11.12.2014, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Vigo, 11 de decembro de 2014.

Flora Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, viu os presentes autos de xuízo verbal 420/2014, seguidos ante este tribunal, entre partes, dunha como demandante, Gas Natural S.D.G., S.A., representado pola procuradora Carmen Molist García e, doutra como demandada, Matilde Lago González, sobre outros verbal.

Resolvo que estimando a demanda promovida pola procuradora Carmen Molist García, en nome e representación da entidade Gas Natural S.U.R. SAG, S.A., fronte a Matilde Lago González, debo declarar e declaro resolto o contrato de fornecemento de gas que as vincula, en relación co predio sito na avenida Fragoso, nº 52 baixo, e condeno a esta a permitir a entrada no dito inmoble aos empregados da demandante, co fin de que realicen a toma de lectura do contador de gas instalado e procedan á privación do fornecemento mediante a súa desconexión e retirada, así como a aboarlle a cantidade de 2.591,19 euros máis a que resulte da facturación comprendida entre a última lectura (factura 12.03.2014, documento nº 30, reverso) e a que se realice no momento de desconexión do contador ao prezo das tarifas vixentes. Sobre tales sumas devindicarase o xuro legal correspondente desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

E ao estar a dita demandada, Matilde Lago González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 3 de febreiro de 2015

O secretario xudicial