Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1307/2013).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 23 de febreiro de 2015 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña, 23 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1307/2013 seguidos por instancia de Alberto Manuel Pérez Sánchez, asistido polo letrado Jorge López Abad, contra a entidade Barros Gestión Hotelera, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alberto Manuel Pérez Sánchez, contra a entidade Barros Gestión Hotelera, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, aos que debo absolver do peticionado na súa contra, ao concorrer a excepción de prescrición.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentecausa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co nº 47570000, código 36, e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de Depósitos e Consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no Libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Barros Gestión Hotelera, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial