Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11239

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1309/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 23 de febreiro de 2015 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza:

A Coruña, 23 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1309/2013 seguidos por instancia de María Isabel Pérez Blanco, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a entidade Lema Rama, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Isabel Pérez Blanco, contra a entidade Lema Rama, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Lema Rama, S.L., a que aboe á demandante as seguintes cantidades: 862,56 euros brutos compensación económica por falta de desfrute de vacacións, 1.356,76 euros brutos polos festivos traballados entre o 1 de xaneiro e o 12 de outubro de 2013, así como 949 euros brutos polas horas extras de outubro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Lema Rama, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de localización, sentenzas e autos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial