Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (206/2014).

Execución de títulos xudiciais 206/2014

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 266/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Francisco Fernández Fariña

Demandados: Aluminios Becasi, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Nos autos de execución de títulos xudiciais 206/2014, seguidos ante este órgano xudicial por instancia de Francisco Fernández Fariña contra Aluminios Becasi, S.L., con data 28 de outubro de 2014 ditouse resolución do teor literal seguinte:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Francisco Fernández Fariña, fronte a Aluminios Becasi, S.L., parte executada, por importe de 27.179,70 euros en concepto de principal, máis outros 2.717,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

– Requirir a Aluminios Becasi, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, polo menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

No primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo ectrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Fáiselle saber ao receptor que debe cumprir o deber público de entregar a copia da resolución ou cédula ao destinatario ou darlle aviso, se sabe o seu paradoiro, ou manifestar a imposibilidade de entregar a comunicación ao interesado, con advertencia de que pode ser sancionado con multa de vinte a douscentos euros se se nega á recepción ou non fai entrega coa maior brevidade; que debe comunicarlle á oficina xudicial a imposibilidade de entregar a comunicación ao interesado, e que ten dereito ao resarcimento dos gastos que se lle ocasionen, de conformidade co disposto no artigo 57 da LPL.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a vostede, expido e asino a presente cédula.

Pontevedra, 28 de outubro de 2014

O/a secretario/a xudicial