Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (21/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Fernández Duro contra Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., administración concursal de Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., Construcciones José María Fernández, administración concursal de Construcciones José María Fernández e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 21/2014 se acordou notificar a Construcciones José María Fernández o seguinte decreto de conciliación:

«Decreto.

Secretaria xudicial, María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, vinte e cinco de febreiro de dous mil quince.

Antecedentes de feito

Primeiro. O 13.1.2014 tivo entrada neste órgano xudicial a demanda presentada por José Fernández Duro fronte a Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., Construcciones José María Fernández, Fogasa, administración concursal Construcciones José María Fernández, S.A., en Félix Manuel Jimenes Mosquera e administración concursal Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A. en despedimento, e admitida a trámite, foron convocadas as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día da data chegaron a un acordo en conciliación, cuxo contido consta na acta redactada para o efecto, que se dá por reproducida:

Acta de conciliación

A Coruña, vinte e cinco de febreiro de dous mil quince.

Ás horas do día da data, perante min, a secretaria xudicial, María Adelaida Egurbide Margañón, para os efectos de celebrar o acto de conciliación, tendo sido citados, comparecen:

Como demandante:

José Fernández Duro, con DNI 76498493-X, que comparece asistido do letrado José Nogueira Esmorís.

Como demandados:

Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., representada pola representante da empresa, María del Carmen Pena Saavedra, con DNI 33828011-W, e asistida da letrada Elena Talín Mariño. O resto dos codemandados Construcciones José María Fernández, administración concursal Construcciones José María Fernández, S.A., na persoa de Félix Manuel Jimenes Mosquera, administración concursal Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., e Fogasa, non comparecen.

Aberto o acto, advertiulles ás partes dos dereitos e obrigas que lles puideren corresponder, e exhortounas para que se puxesen de acordo e amañasen amigablemente as súas diferenzas, conseguíndose a conciliación con avinza nos seguintes termos:

A parte demandante, neste acto, desiste da empresa Construcciones José María Fernández e da súa administración concursal e, así mesmo, desiste fronte ao administrador concursal de Explotaciones y Canteras del Moucho, S.A., ao ter sido separado o administrador das súas facultades.

A empresa ofrece o pagamento de 3.296,34 euros, desagregados nas seguintes cantidades e conceptos:

Ao traballador correspóndelle unha indemnización de 13.809,02 euros, establecidos na carta de despedimento por causas obxectivas, consistente en vinte días por ano traballado. Ao se tratar dunha empresa de menos de vinte e cinco traballadores e terse producido o despedimento no ano 2013, o 60 % debe aboalo a empresa, tendo aboado xa 4.989,07 euros no momento do despedimento. O pagamento da cantidade pendente, isto é 3.296,34 euros, efectúase neste acto.

O 40 % restante percibirao do Fogasa en pagamento directo.

A data do despedimento é o 22 de novembro de 2013.

O pagamento realízase mediante cheque bancario nº 8069018.

O traballador acepta a oferta empresarial, recoñecendo as causas obxectivas do despedimento e desistindo da reclamación de improcedencia; e cando se perciba a cantidade darase por saldado e liquidado na relación laboral.

Eu, o secretario, aprobo o acordo alcanzado polas partes, por entender que o convido entre elas non é constitutivo de lesión grave para ningunha delas, nin para terceiro, nin constitúe fraude de lei ou abuso de dereito nin é contrario ao interese público, polo que procede aprobar o acordo.

Fágolles saber ás partes que a acción para impugnar a validez desta conciliación se deberá exercer, se é o caso, perante este mesmo xulgado polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da presente acta, ao abeiro do que dispón o artigo 84.6 da mesma LXS.

De todo o cal se expide a presente acta que, en proba de conformidade, asinan os comparecentes comigo, a secretaria xudicial, dou fe.

Fundamentos de dereito

Único. O artigo 84 da LPL establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, se ditará decreto aprobándoa e ademais se acordará o arquivamento das actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes,

Modo de impugnación: poderase interpoñer recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (art. 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº do Banesto, e deberá indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Construcciones José María Fernández, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial