Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11231

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (134/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de xuízo verbal nº 134/2013, mediante este notifícase a Adriana de Fatima Popik Faria a sentenza do 25 de febreiro de 2014 ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 26/2014.

Vigo, 25 de febreiro de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 134/2013 se seguen por instancia de Recreativos Ceda, S.A., que compareceu representada polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza e defendida pola letrada Elena Valcarce Rodríguez, contra Adriana de Fátima Popik Faria, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resolución contractual.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda formulada por Recreativos Ceda, S.A. contra Adriana de Fátima Popik Faria, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro resolto o contrato de instalación e explotación de máquinas recreativas, estipulado o 16 de maio de 2011 entre Recreativos Ceda, S.A. e Adriana de Fátima Popik Faria.

2º. Condeno a Adriana de Fátima Popik Faria a pagarlle a Recreativos Ceda, S.A. a cantidade de 2.000 euros, cantidade que reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, contada desde a data da reclamación xudicial, e que será do xuro legal, incrementado en dous puntos, contada desde a data da presente sentenza (artigo 576 LAC).

3º. Condeno a demandada ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde Adriana de Fátima Popik Faria, expídese o presente.

Vigo, 27 de febreiro de 2014

O secretario xudicial