Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

AUTOS (856/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 856/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Martínez Vázquez contra Alfa Instant, S.A. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decido:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Manuel Martínez Vázquez fronte a Alfa Instant, S.A., e en consecuencia acordo, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, condenando á empresa demandada a que aboe o actor 16.866,99 euros, en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercitada e condeno a citada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 6.856,55 euros brutos, polos conceptos que constan no relato de feitos probados.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial