Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1054/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que con data do 12 de novembro de 2014 se ditou sentenza no procedemento PO 1054/2013 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 576/2014

Na Coruña o doce de novembro de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1054/2013 seguidos por instancia de Eladio García Mariño asistido pola letrada Amara Trigo Varela contra Transportes Oza, S.L. representada por Úrsula Leovalda Estepa, Fogasa que non comparece, e o administrador concursal Juan Antonio Vallejo Herranz que tampouco o fai, sobre reclamación de cantidade.

Que estimando a demanda interposta polo demandante Eladio García Mariño contra a mercantil Transportes Oza, S.L. debo condenar e condeno a empresa a que aboe o traballador a cantidade de 4.214,04 euros polos conceptos reclamados en demanda, debendo responder desta cantidade, na súa condición de administrador concursal, Juan Antonio Vallejo Herranz.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Transportes Oza, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de localización, sentenzas e autos.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial