Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 940/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 940/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Iglesias Seoane contra a empresa Segur Bon, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que estimando a demanda interposta pola demandante María Belén Iglesias Seoane, debo condenar e condeno a empresa Segur Bon, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 673,60 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Bon, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial