Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10852

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4326/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4326/2014 desta sección, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.) e Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra Fogasa, Fotocopias Maxin, S.L.U., Unidixital, S.L., Rebeca Martínez Otero, Administración Concursal Fotocopias Maxin, S.L.U. (María Sierra Rodríguez), Laborman ETT, S.A.-agora Randstad Empleo, S.A.U. (antes Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A.) sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nuble, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 9 de xuño de 2014 en autos nº 948/2013, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados polas empresas recorrentes, ás que condenamos a aboar os honorarios de letrado da parte demandante-impugnante da suplicación por importe de cincocentos cincuenta euros (550 €).

Declaramos axustada a dereito a consignación efectuada por Campus na Nube, S.L. en concepto de indemnización.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial