Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Facenda e pódense presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo, persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará neste sentido de non se emitir no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar ao posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. Esta convocatoría será resolta pola Consellería de Facenda. A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e se se considera oportuno poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres hábiles días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Denominación: xefatura do Servizo Técnico-Xurídico.

Código do posto: FCC020000315770009.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Formación específica: (280) experiencia en funcións técnico-xurídicas (R.I.).

Titulación académica: (2062) licenciado/a en Dereito.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file