Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10853

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1850/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1850/2013 desta sección, seguido por instancia da Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidade-Mupresa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Cupiga, S.A., Adoración Rivera Martínez, Administración Concursal Cupiga, S.A., sobre accidente, ditouse con data do 6 de febreiro de 2015 a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di así:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación articulado pola Mutua La Fraternidad Muprespa contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Lugo, con data do 10 de febreiro de 2010, en autos número 584/2009, instados por Adoración Rivera Martínez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, a Mutua La Fraternidad Muprespa, a empresa Cupiga, S.A.U. y a súa administración concursal Sres. López Ferreiro e Sánchez López sobre determinación de continxencia en incapacidade permanente, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á Mutua recorrente o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante impugnante deste en contía de 600 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houber o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)“.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin sirva de notificación en legal forma a Cupiga, S.A., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Lugo. Quiroga Arxentina, 2, Quiroga-Lugo, coa advertencia, que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido este edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial