Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10855

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (1078/2013-J).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Talleres Vilaboa, S.L. fronte a Carlos José Veloso Lemus ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Lugo, 29 de abril de 2014.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 1078/2013-J, sobre reclamación de cantidade, por instancia da entidade Talleres Vilaboa, S.L., representada pola procuradora Sra. Rodríguez Rodríguez e asistida polo letrado Sr. Vilaboa López, contra Carlos Veloso Lemus, en rebeldía.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A papeleta de demanda que dá inicio a este xuízo presentouse o día 7 de novembro de 2013, e por quenda de repartición correspondeu o seu coñecemento a este xulgado o 8 de novembro de 2013.

Segundo. Tras admitirse a trámite por decreto do 26 de novembro de 2013, unha vez que emendou a parte demandante defectos procesuais, foron convocadas as partes a unha vista para o día 23 de abril de 2014.

Terceiro. O día da vista compareceu a parte demandante debidamente asistida e representada, sen que o fixese a parte demandada, malia estar debidamente citada, sendo declarada en rebeldía. Recibido o preito a proba e practicadas as probas que foron declaradas pertinentes, quedan os autos conclusos para sentenza.

Decido que, estimando a demanda formulada pola entidade Talleres Vilaboa, S.L., representada pola procuradora Sra. Rodríguez Rodríguez, contra Carlos Veloso Lemus, en rebeldía, debo condenar e condeno a expresada parte demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de dous mil setecentos oitenta e sete euros con sesenta e dous céntimos (2.787,62), máis os xuros legais incrementados en dous puntos a partir da data da presente resolución. Todo iso con imposición á parte demandada das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación, devindo firme.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado-xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia no día da súa data, do que dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Carlos José Veloso Lemus, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial