Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10857

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (634/2014).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 634/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Yahimy Canedo León

Procurador: Juan Carlos Brea Sánchez

Avogado: Sergio Campos Nieto

Demandado: Lázaro Reyes Toledo

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Yahimi Canedo León fronte a Lázaro Reyes Toledo, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal interposta polo procurador Sr. Brea Sánchez, en nome e representación de Yahimi Canedo León asistida do letrado Sr. Campos Nieto, fronte a Lázaro Reyes Toledo, maior de idade, sinalado en autos declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade habida en común, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribuír á demandante a garda e custodia sobre a filla menor habida en común, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores ben que se atribúe á demandante de xeito preventivo o exercicio exclusivo da patria potestade en cuestións educativas e médicas da menor.

2º. Recoñecemento ao demandado dun réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio consistente:

– Durante o primeiro ano:

Fins de semana alternas, sábados e domingos, sen pernoita desde as 11.00 ás 20.00 horas, con recollida e reintegro no domicilio da nai.

Nas vacacións de Nadal, desde o inicio das vacacións ata as 12.00 horas do día 1 de xaneiro sen pernoita, ou desde as 12.00 horas do día 1 de xaneiro á finalización das vacacións lectivas, correspondéndolle a elección de cada período ao pai.

Nas vacacións de verán, un mes (xullo ou agosto), correspondendo a elección do período en cuestión ao pai.

– Segundo ano e sucesivos, para o caso de que o pai consolide a súa residencia nun domicilio convencional:

Fins de semana alternas, desde as 20.00 horas do venres ata as 20.00 horas do domingo, sendo a recollida e a devolución da menor no domicilio da nai.

Nas vacacións de Nadal, desde o inicio das vacacións ata as 12.00 horas do día 1 de xaneiro, ou desde as 12.00 horas do día 1 de xaneiro á finalización das vacacións lectivas, correspondéndolle a elección de cada período ao pai nos anos pares e á nai nos impares.

En Semana Santa, o seu desfrute atribuirase por anos alternos a cada un dos pais, correspondendo a elección, salvo mutuo acordo dos proxenitores, os anos pares ao pai e os impares á nai.

Nas vacacións de verán os períodos distribuiranse alternándose por quincenas (xullo ou agosto), correspondendo a elección do comezo do desfrute ao pai os anos pares e á nai os impares.

Supedítase o inicio efectivo do réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio á comunicación fidedigna previa do demandado da súa vontade de cumprir este co fin de non crear falsas expectativas á menor.

3º. Fixación a cargo do pai en concepto de pensión de alimentos para a filla menor de 250 euros/mes que aboará o demandado á demandante por anticipado dentro dos cinco primeiros días de cada mes con actualización anual en data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación anual precedente do IPC e ao aboamento da metade dos gastos extraordinarios da menor.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Lázaro Reyes Toledo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial