Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10718

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (501/2012).

División herdanza 501/2012

Sobre testamentarias principal

Demandantes: Julio Fernández López, Flora López López de la Cruz, Elia López López, Blanca Nieves López López

Procurador: Manuel Faustino Mourelo Caldas

Avogado: Alejandro Fernández Pumariño

Nos autos arriba referenciados ditouse decreto que literalmente di:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María del Carmen Álvarez Iglesias.

En Sarria o vinte e tres de xaneiro de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza dos finados Andrés López Grandal e María Manuela García Frean, os contadores María José García Arias e Alejandro Fernández Pumariño presentaron as operacións divisorias, para cuxo labor foran designados.

Segundo. Das devanditas operacións divisorias deuse traslado aos interesados na herdanza, facéndolles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición a estas, despois de transcorrer o prazo concedido sen que se formulase oposición.

Fundamento de dereito único: establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000 de axuizamento civil (LAC) que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder opoñerse ás operacións divisorias sen presentar a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o secretario xudicial ditará decreto aprobando as operacións divisorias, mandando protocolizalas, que é o sucedido no presente caso.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados Andrés López Grandal e María Manuela García Frean realizadas conxuntamente polos contadores María José García Arias e Alejandro Fernández Pumariño, as cales se protocolizarán na notaría desta vila.

2. Unha vez firme a presente resolución, remítanselle as operacións divisorias e testemuño do presente auto para a súa protocolización conxunta.

3. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución tivese incorrido.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número 6103 2313 0000 41 0501 12, da entidade Banco Santander, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma aos interesados María López García, Catlina Nancy López Martínez, Julia Magali López Martínez, José Lulio López Martínez, María Clotilde López Rodríguez, Jorge Lusi Fernández Losada, Manuela Sangil López, Consuelo Sangil López ou os seus herdeiros para o caso de ter falecido, expido e asino o presente.

Sarria, 23 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial