Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10716

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (513/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de divorcio contencioso número 513/2014, nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza número 599.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 513/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante David Blanco Freire, representado pola procuradora dos tribunais Tamara Ucha Groba e con asistencia letrada de Mónica Salgueiro Alonso, contra Wei Bai, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Ucha Groba, en nome e representación de David Blanco Freire, contra Wei Bai, declarada en situación de rebeldía procesual, estímoa e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación e para ante a Audiencia Provincial.

Así por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose a devandita demandada, Wei Bai, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 12 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial