Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (702/2014).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente edicto anuncio que no procedemento de xuízo ordinario 702/2014 seguido por instancia de Área de Servicio Vilar do Colo, S.L. fronte a Benigno González Crespo se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 30 de xaneiro de 2015.

Demandante: Área de Servicio Vilar do Colo, S.L.

Avogado: Fernando López Doval.

Procuradora: Mónica García Montero.

Demandado: Benigno González Crespo.

Procedemento: ordinario 702/2014.

Decido:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada pola entidade Área de Servicio Vilar do Colo, S.L. contra Benigno González Crespo e condeno o segundo a:

1º. Aboarlle á primeira a cantidade de dezaoito mil oitocentas noventa e cinco euros con oitenta e sete céntimos (18.895,87 euros).

2º. Ao aboamento dos xuros resultantes de aplicar a cada unha das facturas impagadas os xuros da Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade desde cada un dos vencementos.

3º. Ao pagamento das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 1559 0000 indicando, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza o pronuncio, mando e asino.

O xuíz»

E encontrándose o dito demandado, Benigno González Crespo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 30 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial