Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10712

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3819/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3819/2014, en que foron recorrentes Macraut Ingenieros, S.L., Andrés Romero Martínez e recorridos Fogasa, Flumcisa, S.L., admón. concursal Flumcisa, S.L. (Teresa Mariño Garrido) sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos.

Estimando en parte o recurso articulado por Andrés Romero Martínez e desestimando o interposto pola mercantil Macraut Ingenieros, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 14 de abril de 2014, en autos número 895/2013 e acumulado, promovidos por Andrés Romero Martínez fronte á empresa Macraut Ingenieros, S.L., a empresa Flucimsa, S.L. e sendo así mesmo convocados o administrador concursal de Flucimsa, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, revogamos a sentenza de instancia no único punto relativo ao aboamento dos salarios de tramitación, a cuxo pagamento condenamos solidariamente as mercantís demandadas desde a data de efectos do despedimento –10.10.2013– ata a data da sentenza de instancia –14.4.2014– en atención a unha contía diaria de 75,60 euros, confirmando os demais pronunciamentos da resolución de instancia. Impoñémoslle á parte demandada o aboamento das custas do recurso, que incluirán as do letrado da parte demandante impugnante do articulado polas demandadas en contía de 600 euros. Débese dar aos depósitos e consignacións, de os haber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Teresa Mariño Garrido, administradora concursal de Flumcisa, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no Camiño dos Olmos, 12, ático, Panxón-Nigrán (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial