Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10711

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2263/2013-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2263/2013-CON

Xulgado de orixe/autos: demanda 990/2009 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no recurso de suplicación 2263/2013-CON desta sala, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Ricardo José Miranda Guimarey, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza do 28 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en proceso promovido por Ricardo José Miranda Guimarey fronte á mutua recorrente, ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., debemos revogar e revogamos esa resolución e, con desestimación da demanda reitora do debate, absolvemos os demandados de canto se postula nela.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial